                                   Tux Paint
                   versión 0.9.32 Preguntas máis frecuentes

        Copyright © 2002-2023 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
                             https://tuxpaint.org/

                              20 de Xullo de 2023

-------------------------------------------------------------------------------
+--------------------------------------------+
|                   Índice                   |
|--------------------------------------------|
|   * Relacionado co debuxo                  |
|   * Problemas de interface                 |
|   * Impresión                              |
|   * Gardar                                 |
|   * Problemas de son                       |
|   * Problemas no modo de pantalla completa |
|   * Other Problems                         |
|   * Axuda / Contacto                       |
+--------------------------------------------+
-------------------------------------------------------------------------------

Relacionado co debuxo

Os tipos de letra que engadín a Tux Paint só amosan cadrados
    O tipo de letra TrueType que está a usar pode ter unha codificación
    incorrecta. Se está codificado «personalizado», por exemplo, pode tentar
    executalo a través de FontForge (http://fontforge.sourceforge.net/) para
    convertelo a un formato ISO-8859. (Envíanos un correo electrónico se
    precisas axuda con tipos de letra especiais.)

A ferramenta «Selo de caucho» está gris.

    Isto significa que Tux Paint non atopou ningunha imaxe de selo ou se lle
    pediu que non as cargase.

    Se instalou Tux Paint, pero non instalou a colección opcional separada de
    «Selos», saia de Tux Paint e instálea agora. Debe estar dispoñíbel no mesmo
    lugar no que obtivo o programa principal de Tux Paint. (Nota: A partir da
    versión 0.9.14, Tux Paint inclúe unha pequena colección de selos de
    exemplo.)

    Se non quere instalar a colección predeterminada de selos, pode crear os
    seu.s Vexa a documentación «Ampliar Tux Paint» para obter máis información
    sobre como crear ficheiros de imaxe PNG e SVG, ficheiros de descrición de
    texto TXT, ficheiros de son Ogg Vorbis, MP3 ou WAV e ficheiros de datos de
    texto DAT que compoñen os selos.

    Finalmente, se instalou selos e pensa que deberían cargarse, comprobe que a
    opción «nostamps» non está configurada. (Ben sexa mediante a opción
    «--nostamps» na liña de ordes de Tux Paint ou «nostamps=yes» no ficheiro de
    configuración.)

    Cambie ou elimine a opción «nostamps» ou pode anulala con «--stamps» na
    liña de ordes ou con «nostamps=no» ou »stamps=yes» nun ficheiro de
    configuración.



Os contornos do selo son sempre rectángulos

    Tux Paint foi compilado con contornos de selo de baixa calidade (pero máis
    rápidos).

    Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte.
    Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:

        #define LOW_QUALITY_STAMP_OUTLINE

    no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».




-------------------------------------------------------------------------------

Problemas de interface

As miniaturas dos selos no selector de selos vense mal

    Probabelmente Tux Paint foi compilado co código de miniaturas máis
    rápidoase de menor calidade activado. Executa a orde «tuxpaint
    --verbose-version» dende unha liña de ordes. Se, entre outras saídas, ves o
    texto: «Low Quality Thumbnails enabled», entón é isto o que está a suceder.

    Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte.
    Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:

        #define LOW_QUALITY_THUMBNAILS

    no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».



As imaxes do diálogo «Abrir» vense mal
    Probabelmente estea activada a opción «Miniaturas de baixa calidade». Vexa:
    «As miniaturas dos selos no selector de selos vense mal», arriba.

Todo o texto está en maiúscula.

    Está activada a opción «maiúsculas».

    Cambie ou elimine a opción «uppercase» ou pode anulala con «--mixedcase» na
    liña de ordes ou con «uppercase=no» ou »mixedcase=yes» nun ficheiro de
    configuración.

Tux Paint está noutro idioma
    Asegúrese de que os seu axuste da configuración local sexa correcto. Vexa
    «Tux Paint non cambia ao meu idioma», a continuación.

Tux Paint non cambia ao meu idioma
      + Usuarios de Linux e Unix: asegúrese de que a configuración local está
        dispoñíbel

        Asegúrese de que a configuración local que quere está dispoñíbel.
        Comprobe o seu ficheiro «/etc/locale.gen». Vexa a «Documentación de
        opcións» para coñecer as configuracións locais que usa Tux Paint
        (especialmente cando se usa a opción «--lang»).

        Nota: os usuarios de Debian e derivados (p. ex.: Ubuntu) poden
        simplemente executar «dpkg-reconfigure locales» se se as configuracións
        locais son xestionadas por «dpkg».

      + Se está a empregar a opción de liña de ordes «--lang»

        Probe a usar a opción de liña de ordes «--locale» ou o axuste da
        configuración local do seu sistema operativo (p. ex.: a variábel de
        contorno «$LANG») e envíenos un correo-e con respecto ao seu problema.

      + Se está a empregar a opción de liña de ordes «--locale»

        Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao seu
        problema.

      + Se está a empregar a configuración local do seu sistema operativo

        Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao seu
        problema.

      + Asegúrese de ter o tipo de letra necesario

        Algunhas traducións requiren o seu propio tipo de letra. O chinés e o
        coreano, por exemplo, precisan que os tipos de letra TrueType chinés e
        coreano estean instalados e colocados no lugar adecuado,
        respectivamente.

        Os tipos de letra axeitados para estas configuracións locais pódense
        descargar dende o sitio web de Tux Paint:

            https://tuxpaint.org/download/fonts/




-------------------------------------------------------------------------------

Impresión

Tux Paint non imprime, produce un erro ou imprime lixo (Unix/Linux)

    Tux Paint imprime creando unha representación PostScript da imaxe e
    enviándoa a unha orde externa. De xeito predeterminado, esta orde é a
    ferramenta de impresión «lpr».

    Se ese programa non está dispoñíbel (por exemplo, está a usar CUPS, o
    Sistema Común de Impresión Unix e non ten instalado «cups-lpr»), terá que
    especificar unha orde apropiada usando a opción «printcommand» no ficheiro
    de configuración de Tux Paint. (Vexa a «Documentación de opcións».)

    Nota: As versións de Tux Paint anteriores ao 0.9.15 usaban unha orde
    predeterminada diferente para imprimir, «pngtopnm | pnmtops | lpr», como
    formato PNG de saída de Tux PaintNG, no canto de PostScript.

    Se xa cambiara a súa opción «printcommand» antes de Tux Paint 0.9.15, terá
    que volver atras e modificala para que acepte PostScript.



Recibo a mensaxe «Aínda non pode imprimir» cando vou imprimir

    A opción «atraso de impresión» está activada. Só pode imprimir unha vez
    cada X segundos.

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--printdelay=...».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--printdelay=...» aparece como un
    argumento da liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--printdelay=...» na liña de ordes,
    comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña
    que diga: «printdelay=...».

    Retire esa liña, configure o valor de atraso en 0 (sen atraso) ou diminúa o
    atraso a o valor que prefira. (Vexa a «Documentación de opcións».)

    Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña de ordes:
    «--printdelay=0», que anulará o axuste do ficheiro de configuración e
    permitirá a impresión ilimitada. (Non terás aue agardar entre impresións).



Simplemente non podo imprimir. O botón está gris.

    A opción «non imprimir» está activada.

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--noprint».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--noprint» aparece como un argumento da
    liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--noprint» na liña de ordes, comprobe o
    ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga:
    «noprint=yes».

    Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de
    ordes «--print», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

    Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Permitir a impresión» (baixo
    «Impresión») está marcado.




-------------------------------------------------------------------------------

Gardar

Onde garda Tux Paint os meus debuxos?

    A non ser que lle solicite a Tux Paint que garde nun lugar específico
    (usando a opción «savedir»), Tux Paint garda nun lugar estándar na súa
    unidade local:

    Windows Vista, Windows 8, Windows 10, Windows 11
        No cartafol «AppData» do usuario:
        p. ex.: C:\Users\nome de usuario\AppData\Roaming\TuxPaint\saved

    macOS
        No cartafol «Asistencia de aplicacións» do usuario::
        e.g., /Users/nome de usuario/Library/Applicaton Support/TuxPaint/saved/

    Linux / Unix
        No directorio persoal do usuario («$HOME»), baixo un subcartafol
        «.tuxpaint»:
        e.g., /home/nome de usuario/.tuxpaint/saved/


    As imaxes almacénanse como mapas de bits PNG, que a maioría dos programas
    modernos deberían poder cargar (editores de imaxes, procesadores de texto,
    navegadores web, etc.)



Tux Paint sempre garda sobre a miña imaxe antiga

    A opción «save over» está activada. (Isto desactiva a pregunta que
    aparecería ao premer en «Gardar»).

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--saveover».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--saveover» aparece como un argumento da
    liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--saveover» na liña de ordes, comprobe o
    ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga:
    «saveover=yes».

    Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de
    ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

    Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de sobrescribir»
    (baixo «Gardar») está marcado.

    Ademais, vexa «Tux Paint sempre garda unha nova imaxe», a continuación.



Tux Paint sempre garda unha nova imaxe.

    A opción «never save over» está activada. (Isto desactiva a pregunta que
    aparecería ao premer en «Gardar»).

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--saveovernew».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--saveovernew» aparece como un argumento
    da liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--saveovernew» na liña de ordes, comprobe
    o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que
    diga: «saveover=new».

    Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de
    ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

    Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de sobrescribir»
    (baixo «Gardar») está marcado.

    Also, see "Tux Paint always saves over my old picture!", above.




-------------------------------------------------------------------------------

Problemas de son

Non hai son.
      + Primeiro, comprobe o obvio:
          o Están conectados e acendidos os altofalantes?
          o Subiu o volume dos altofalantes?
          o Subiu o volume no «mesturador» do seu sistema operativo?
          o Estás seguro de que está a usar un computador con tarxeta de son?
          o Existe algún outro programa que use son? (É posíbel que estea
            «bloqueando» o acceso de Tux Paint ao seu dispositivo de son)
          o (Unix/Linux) Está a usar un sistema de son, como aRts, ESD ou
            GStreamer? Se é así, tente axustar a variábel de contorno
            «SDL_AUDIODRIVER« antes de executar Tux Paint (p. ex.: «export
            SDL_AUDIODRIVER=arts»). Ou execute Tux Paint a través do
            redireccionador do sistema (p. ex.: execute «artsdsp tuxpaint» ou
            «esddsp tuxpaint», no canto de simplemente «tuxpaint»).
      + Está desactivado o son en Tux Paint?

        Se o son parece funcionar doutro xeito (e está seguro de que ningún
        outro programa «bloquea» o dispositivo de son), é posíbel que Tux Paint
        estea a executarse coa opción «sen son».

        Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que
        non está a pasarlle a opción «--nosound».

        Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe
        as propiedades da icona para ver se «--nosound» aparece como un
        argumento da liña de ordes.

        Se non se está a enviar a opción «--nosound» na liña de ordes, comprobe
        o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que
        diga: «nosound=yes».

        Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña
        de ordes «--sound», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

        Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña de ordes:
        «Activar os efectos de son», que anulará o axuste do ficheiro de
        configuración e permitirá a impresión ilimitada. (Non terás aue agardar
        entre impresións).

      + Desactiváronse os sons temporalmente?

        Mesmo se os sons están activados en Tux Paint, é posíbel desactivalos e
        reactivalos temporalmente usando a secuencia de teclas [Alt] + [S].
        Probe a premer esas teclas para ver se os sons comezan a funcionar de
        novo.

      + Foi compilado Tux Paint sen compatibilidade con son?

        É posíbel que Tux Paint se compilase coa compatibilidade de son
        desactivada. Para comprobar se a compatibilidade de son estaba activada
        cando se compilou Tux Paint, execute Tux Paint dende unha liña de
        ordes, así:

            tuxpaint --verbose-version

        Se, entre outra información, ve «Son desactivado», entón a versión de
        Tux Paint que está a executar ten o son desactivado. Recompile Tux
        Paint e asegúrese de NON construír o obxectivo «nosound». (é dicir, non
        execute «make nosound») Asegúrese de que a biblioteca SDL_mixer e as
        súas cabeceiras de desenvolvemento están dispoñíbeis.



Tux Paint fai moito ruído. Podo apagalo?

    Si, hai varias formas de desactivar os sons en Tux Paint:

      + Prema [Alt] + [S] mentres está en Tux Paint para desactivar
        temporalmente os sons. (Prema de novo esa secuencia de teclas para
        volver activar os sons.)
      + Execute Tux Paint coa opción «sen son»:
          o Execute «tuxpaint --nosound» dende a liña de ordes, dende o atallo
            ou dende a icona do escritorio.
          o Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte a
            «Documentación de opcións» para obter máis detalles) e engada unha
            liña que conteña «nosound=yes».
          o Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os efectos de son»
            (baixo «Vídeo e son») non está marcado.
          o Como alternativa, recompile Tux Paint coa compatibilidade de son
            desactivada. (Vexa máis arriba e a documentación «Instalar».


A panorámica estéreo dos efectos de son é molesta; os efectos de son poden ser
    monofónicos?

    Execute Tux Paint coa opción «sen estéreo»:

      + Execute «tuxpaint --nostereo» dende a liña de ordes, dende o atallo ou
        dende a icona do escritorio.
      + Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte a
        «Documentación de opcións» para obter máis detalles) e engada unha liña
        que conteña «nostereo=yes».
      + Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os efectos estéreo»
        (baixo «Vídeo e son») non está marcado.


Os efectos de son soan estraños

    Isto podería ter que ver con como se inicializaron SDL e SDL_mixer. (O
    tamaño do búfer escollido.)

    Envíenos un correo-e con detalles sobre o seu sistema informático. (Sistema
    operativo e versión, tarxeta de son, que versión de Tux Paint está a
    executar (execute «tuxpaint --version» para verificar), etc.)




-------------------------------------------------------------------------------

Problemas no modo de pantalla completa

Cando executo Tux Paint a pantalla completa e [Alt] + [Tab] está fóra, a xanela
    vólvese negra.
    Aparentemente é un erro na biblioteca SDL. Sentímolo.

Cando executo Tux Paint a pantalla completa, ten grandes bordos ao redor

    Usuarios de Linux: o seu servidor X-Window probabelmente non estea
    configurado coa capacidade de cambiar á resolución desexada: 800×600. (ou a
    resolución que teña configurada para Tux Paint para que funcione.)
    (Normalmente faise manualmente no servidor X-Window premendo [Control] +
    [Alt] + [Keypad Plus (+)] e [Control] + [Alt] + [Keypad Minus (-)].)

    Para que isto funcione, o monitor debe admitir esa resolución e cómpre que
    apareza na súa configuración do servidor X.

    Comprobe a subsección «Display» da sección «Screen» do seu ficheiro de
    configuración XFree86 ou X.org (normalmente «/etc/X11/XF86Config-4» ou «/
    etc/X11/XF86Config», dependendo da versión de XFree86 que estea a usar; 3.x
    ou 4.x, respectivamente, ou «/etc/X11/xorg.conf» para X.org)

    Engada «800x600» (ou as resolucións que queira) á liña «Modes» apropiada.
    (por exemplo, na subsección «Display» que contén a profundidade de cor de
    24 bits («Depth 24»), que é o que Tux Paint tenta usar.)

        Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x480"

    Teña en conta que algunhas distribucións de Linux teñen ferramentas que
    poden facer estes cambios. Os usuarios de Debian poden executar a orde
    «dpkg-reconfigure xserver-xfree86» como superusuario (root), por exemplo.



Tux Paint segue a funcionar en modo de pantalla completa e quéroo na xanela.

    A opción «pantalla completa» está estabelecida.

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--fullscreen».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--fullscreen» aparece como un argumento
    da liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--fullscreen» na liña de ordes, comprobe
    o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que
    diga: «fullscreen=yes».

    Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de
    ordes «--windowed», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

    Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Pantalla completa» (baixo «Vídeo e
    son») non está marcado.




-------------------------------------------------------------------------------

Other Problems

Tux Paint non funciona

    Se Tux Paint se interrómpe coa mensaxe: «You're already running a copy of
    Tux Paint!», significa que foi iniciado nos últimos 30 segundos. (En Unix/
    Linux, esta mensaxe aparecería nunha consola de terminal se executase Tux
    Paint desde unha liña de ordes. En Windows, esta mensaxe aparecería nun
    ficheiro chamado «stdout.txt» no mesmo cartafol onde resideTuxPaint. exe
    (p. ex.: en «C:\Program Files\TuxPaint»).

    Un ficheiro de bloqueo («~/.tuxpaint/lockfile.dat» en Linux e Unix,
    «userdata\lockfile.dat» en Windows) úsase para asegurarse de que Tux Paint
    non se executa demasiadas veces á vez (por exemplo, porque un cativo preme
    impaciente na súa icona máis dunha vez) .

    Mesmo se o ficheiro de bloqueo existe, contén a «hora» na que se executou
    Tux Paint por última vez. Se pasaron máis de 30 segundos, Tux Paint debería
    funcionar ben e simplemente actualiza o ficheiro de bloqueo coa hora
    actual.

    Se varios usuarios comparten o directorio onde se almacena este ficheiro
    (por exemplo, nunha unidade de rede compartida), entón terá que desactivar
    esta función.

    Para desactivar o ficheiro de bloqueo, engada o argumento «--nolockfile» á
    liña de ordes de Tux Paint ou «nolockfile=yes» ao ficheiro de
    configuración.



Non podo saír de Tux Paint

    Está estabelecida a opción «non saír». Isto desactiva o botón «Saír» na
    barra de ferramentas de Tux Paint (marcándoo) e impide que se poida saír de
    Tux Paint a través da tecla [Escape].

    Se Tux Paint non está en modo de pantalla completa, só ten que premer no
    botón de pechar a xanela na barra de título de Tux Paint. (é dicir, o «ⓧ»
    que adoita estar na parte superior dereita.)

    Se Tux Paint está en modo de pantalla completa, terá que empregar a
    secuencia [Maiúsculas] + [Control] + [Escape] no teclado para saír de Tux
    Paint.

    (Nota: con ou sen «non saír» estabelecido, sempre pode usar a combinación
    [Alt] + [F4] no teclado para saír de Tux Paint.)



Non quero que se active o modo «non saír».

    Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non
    está a pasarlle a opción «--noquit».

    Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as
    propiedades da icona para ver se «--noquit» aparece como un argumento da
    liña de ordes.

    Se non se está a enviar a opción «--noquit» na liña de ordes, comprobe o
    ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga:
    «noquit=yes».

    Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de
    ordes «--quit», que anulará o axuste do ficheiro de configuración.

    Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Desactiva o botón de saída e a
    tecla [Escape]» (baixo «Simplificación») non está marcado.



Tux Paint segue a escribir mensaxes estrañas na pantalla/nun ficheiro de texto

    Algunhas mensaxes son normais, mais se Tux Paint está a ser extremadamente
    detallado (como enumerar o nome de cada imaxe de selo de goma que atopa ao
    cargalas), entón probabelmente foi compilado coa saída de depuración
    activada.

    Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte.
    Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:

        #define DEBUG

    no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».



Tux Paint está a usar opcións que non especifiquei.

    De xeito predeterminado, Tux Paint primeiro mira os ficheiros de
    configuración para ver as opcións.

      + Windows

        En Windows, Tux Paint examina primeiro o ficheiro de configuración:

            tuxpaint.cfg

        Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de
        ordes.

      + macOS

      + Unix e Linux

        En Unix e Linux, primeiro examine o ficheiro de configuración de todo o
        sistema, que se atopa aquí:

            /etc/tuxpaint/tuxpaint.conf

        A continuación, examina o ficheiro de configuración persoal do usuario:

            ~/.tuxpaintrc

        Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de
        ordes.

      + Haiku

    Isto significa que se estabelece algo nun ficheiro de configuración que non
    quere estabelecer, terá que cambiar o ficheiro de configuración (se pode)
    ou anular a opción na liña de ordes.

    Por exemplo, en Linux e Unix, se «/etc/tuxpaint/tuxpaint.conf» inclúe esta
    opción para desactivar o son...

        nosound=yes

    ...entón pode volver activar o son engadindo esta opción ao seu propio
    ficheiro «.tuxpaintrc»:

        sound=yes

    ... ou usando este argumento da liña de ordes:

        --sound

    Os usuarios de Linux e Unix tamén poden desactivar o ficheiro de
    configuración de todo o sistema incluíndo o seguinte argumento da liña de
    ordes:

        --nosysconfig

    Tux Paint só ollará «~/.tuxpaintrc» e os argumentos da liña de ordes para
    determinar que opcións se deben estabelecer.




-------------------------------------------------------------------------------

Axuda / Contacto

Hai algunha pregunta que non ve respondida? Agradecémoslle que nolo diga. Para
elo, pode subscribirse e publicar na nosa lista de correo «tuxpaint-users»:

    https://tuxpaint.org/lists/

Ou ,póñase en contacto directamente co responsábel do desenvolvemento Bill
Kendrick:

    bill@newbreedsoftware.com

